Información

A XGN R Encounter deste ano celebrarase na nosa  Partynet de sempre, esta vez en formato online, apoiándonos en Discord para a xestión de áreas.  Twitch será o noso escenario virtual, e desde onde se poderá seguir toda a actividade da party.

A organización do evento reunirase na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), para coordinar todas as áreas da lanparty.

 

Cando

10 e 11 de outubro de 2020

 

Discord

https://discord.party.eus

Aquí teredes a toda a organización á vosa disposición.

Abrirase o venres 9, día preparty, ás 16:00 e clausurarase ás 0:00 horas da madrugada do domingo ao luns.

#benvido

É a sala á que te redirixirá desde o sistema. Aquí terás as normas e explicacións do evento.

#extranet

Do mesmo xeito que a Zona Extranet da XGN R  Encounter presencial será unha sala de libre acceso. Terá as súas propias actividades.

#partyplace

Este será o lugar onde transcorrerá a party, e de acceso exclusivo aos participantes acreditados da  XGN R Encounter. Substituirá o pavillón da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

>ARTE DIXITAL

>XOGOS

>CONFERENCIAS E OBRADOIROS

>SOFTWARE LIBRE

>HARDWARE

>OUTRAS ACTIVIDADES

Serán as áreas onde poderás comunicarte cos organizadores, da mesma maneira que na party presencial.

 

PartyNet

https://www.party.eus

Do mesmo xeito que nas  encounter presenciais todas as actividades realizaranse a través de  Partynet.

Abrirase o venres 9, día preparty, ás 16:00 e clausurarase ás 0:00 horas da madrugada do domingo ao luns.

 

Twitch

https://stream.party.eus

Aberto a todo o mundo, retransmitiremos o evento a través da nosa canle de Twitch.

Horario:

Sábado: 17:00-00:00

Domingo: 17:00-00:00

 

twitter facebook