¿Que é a XGN R ENCOUNTER?

A XGN R Encounter é unha reunión multitudinaria de afeccionados e profesionais da informática que buscan intercambiar coñecementos e realizar durante varios días todo tipo de actividades relacionadas coa informática.

Constitúe parte dun fenómeno que tivo a súa orixe a finais da década dos oitenta no norte de Europa, en países tales como Noruega, Dinamarca ou Alemaña. No 2020 alcanzará a súa vixésima edición.

 

A edición número 20 deste evento, que estaba previsto que se celebrase na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, quedou suspendida pola situación creada pola pandemia de coronavirus Covid-19.

Para superar esta situación, ideamos a celebración de maneira virtual da XGN R Encounter 2020.

Datos do evento online:

  • 1.080 computadores en rede, desde as súas casas.
  • 2 días de actividade.

 

twitter facebook