Prensa
Responsables de prensa:
Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 688 92 90 88
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Notas de prensa:
Nesta sección publicaremos as nosas notas de prensa.
- A maior lanparty de Galicia logrou sortear a pandemia con éxito, xa que as máis de 50 actividades organizadas tiveron un seguimento notable entre os afeccionados que se sumaron ao evento dende as súas casas. A participación nas sesións formativas e nos concursos de arte dixital, software libre e hardware, ou nas competicións de xogos, superaron as expectativas dos organizadores
- Entre as propostas máis atractivas, cabe destacar o seguimento das charlas e talleres formativos que se emitiron por streaming, con temáticas como a intelixencia artificial, o posicionamento SEO, o deseño 3D ou a programación.
- O programa de Twitch emitido durante os dous días desta cita tecnolóxica colleitou ata o momento unha audiencia acumulada de varios miles de espectadores, a falta de cifras definitivas.
- A organización do evento, localizada na Feira Internacional de Galicia ABANCA cunha velocidade de conexión de 10 Gbps grazas á tecnoloxía de R, puido coordinar sen o menor incidente todas as áreas da lanparty.
- O evento conta coa colaboración e patrocinio oficial de R por cuarto ano consecutivo e novamente co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party
Ler máis...
- As autoridades presentes no acto de inauguración da party, entre as que se encontraban o vicepresidente da Xunta de Galicia e a conselleira de Política Social, tamén destacaron que as redes sociais e as ferramentas informáticas téñense revelado como elementos clave para manter as relacións persoais e a actividade económica durante a pandemia
- A maior party de Galicia, que este ano cumpre 20 edicións e apostou polo formato online ante a situación derivada da COVID-19, ofrece un programa con máis de 50 actividades lúdicas e formativas, moitas das cales poderán seguirse a través dun amplo programa que se emitirá hoxe e mañá en www.twitch.tv/euskalencounter
- A primeira hora da mañá de hoxe inscribíranse xa máis de 650 participantes e durante as próximas horas agárdase que esta cifra siga medrando ata achegarse ao límite máximo de prazas virtuais, que é de 1080 postos, os mesmos que na última edición presencial
- O evento conta coa colaboración e patrocinio oficial de R por cuarto ano consecutivo e novamente co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party
Ler máis...
- La mayor lanparty de Galicia, que este año ha apostado por el formato online ante la situación derivada de la COVID-19, ofrecerá un programa con más de 30 actividades lúdicas y formativas
- Muchas de las propuestas de la party, tanto dirigidas a inscritos como de acceso libre para el público, serán retransmitidas en un extenso programa que se emitirá en streaming a través de la plataforma “Twitch”.
- Esta edición abre hoy por la tarde los registros para participar en las competiciones y se clausurará a las 00.00h de la madrugada del domingo al lunes
- El evento cuenta con la colaboración y patrocinio oficial de R por cuarto año consecutivo y nuevamente con el apoyo de la Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia, impulsora de la party
Ler máis...
- A maior lanparty de Galicia, que este ano apostou polo formato online ante a situación derivada da COVID-19, contará con 1080 prazas virtuais de inscrición gratuíta
- No completo programa con actividades formativas e lúdicas, os participantes terán a posibilidade de tomar parte, dende as súas casas, en nove competicións de arte dixital, catro de hardware, dous de software libre e 15 torneos de xogos. Ademais, poderán acceder a charlas formativas, centradas este ano na intelixencia artificial e a programación
- Empezan a coñecerse os nomes que estarán presentes no programa de televisión que será retransmitido por streaming e que servirá de fío condutor ao evento. Rostros coñecidos como os protagonistas de “La Resistencia” Grison e Jaime Caravaca, xunto a coñecidos streamers, serán entrevistados durante o programa
Ler máis...
- A maior lanparty de Galicia volve este ano adaptando o seu formato, ao non ser aconsellable realizar o encontro de forma presencial debido á actual situación derivada da COVID-19
- Contará con 1080 prazas virtuais de inscrición gratuíta e un completo programa con actividades formativas e lúdicas, ademais de competicións de videoxogos e arte dixital.
- A zona aberta ao público, denominada Extranet, será este ano unha área virtual que incluirá propostas de acceso libre
Ler máis...