Disporemos de 1.080 prazas virtuais.
A entrada á party dá dereito a un posto na túa casa, conectado aos nosos sistemas.
Prezo: 0 €
Data de preinscrición: A partir do 22 de setembro. A preinscrición NON asegura a praza.
Data de reserva: Xoves, 24 de setembro ás 10:00 da mañá.
O prazo para a reserva finalizará o sábado 10 de outubro ás 12:00.
Para máis información sobre o proceso de inscrición
Procedemento para participar
1.- Realizar a reserva:
1.1.- ENTRA
Accede ao sistema. Se aínda non tes un usuario, poderás rexistrarche (aqueles que xa teñan un usuario creado no sistema non teñen que darse de alta de novo).
1.2.- PREINSCRÍBETE
Se o período de inscricións comezou, no apartado ‘Reserva’, encher os datos de preinscrición para a nova edición online.
Mantense a ficha de preinscrición do evento presencial polo que algúns datos non se axustarán ao evento virtual, pero non terá importancia.
1.3.- RESERVA
Cando as reservas comezen, realizar a reserva. No cadro de ‘Reserva’ haberá unha opción para ‘Realizar Reserva’. Nese momento mostrarase se a reserva foi ‘Confirmada’.
Se a cota de reservas dispoñibles se esgotou, serás incluído na lista de espera. Asignaranse as reservas ata completar as prazas online dispoñibles.
2.- Se non es usuario da plataforma social Discord, descarga a aplicación gratuíta e crea un usuario. Será o noso sistema de comunicación, onde nos reuniremos todos os usuarios da XGN R Encounter 20.
3.- Consegue a túa acreditación para acceder á Party Online.
Acredítate online, a partir das 16:00 do venres 9 de outubro.
4.- ¡Unirme á Party Online!
O sistema conectará con Discord, e terás que facer clic no botón Authorize para continuar. Tamén existirá un acceso a Partynet.
¡Goza da XGN R Encounter 20 Online!
Se tes calquera problema, ponte en contacto con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
A acreditación online comezará o venres 9 de outubro ás 16:00.