Non importa se es un scener, un gamer, gústache o modding, ou se simplemente non encaixas en ningún outro lado... Esta é a túa sección! Só che pedimos que deixes a vergoña de lado.
- Debuxo analóxico
- Fast cómic
- XGNRelato
- R karaoke
Debuxo analóxico
Queres demostrar a túa arte co lapis ou pinturas? O venres darémosche o tema e tes ata o sábado á tarde para facer o teu debuxo "á man" deixando por un momento a tecnoloxía.
Fast cómic
Queremos que nos contes unha historia....en formato cómic! O venres darémosche un tema e sen pasar de 8 viñetas cóntanos a historia que se che ocorre con ese tema. Non importará tanto a calidade do debuxo como a historia que conta.
XGNRelato

R karaoke
Sabemos que, aínda que algúns non o queirades recoñecer, gústavos cantar. É hora de sacar ese talento á luz.