Modding Casemod/Casecon

Para os amantes do modding, preparamos dúas competicións moi interesantes, Casecon e Casemod, para os que queiran partir dunha caixa ou prefiran construír a súa mod desde 0.

Casemod

Consiste na modificación dun  PC partindo dunha caixa normal de computador. Non hai límites en canto aos materiais usados.

Casecon

Consiste na construción da máquina desde cero ou partindo de algo que en principio non é unha caixa de pc. Non hai límites en canto a tamaño ou materiais usados para construír o  pc.

Normativa:

  1. Só poderán participar aqueles participantes da  XGN  R  Encounter 20.
  2. Cada participante só poderá presentar un  Mod.
  3. A inscrición realizarase mediante a intranet da  XGN  R  Encounter 20  Online.
  4. Valoraranse unha serie de características de 0 a 10 cun decimal, sendo a puntuación final a suma de puntos obtidos en cada unha das características.
  5. Valorarase cada característica en función do traballo ou modificacións realizadas e non polo simple feito de incorporar elementos comprados, por exemplo, unha tarxeta gráfica que xa vén de fábrica con refrixeración pasiva non puntúa na apartado “Refrixeración pasiva”. O mesmo ocorre no caso de materias primas, puntúase en función do traballo realizado e non polo simple feito de usar un determinado material.
  6. As cualificacións serán realizadas pola organización.
  7. As características para avaliar poden ser puntuadas de tres formas diferentes en función da característica:
  • Positivas: É a que se usa na maioría dos aspectos para avaliar e o seu valor vai de 0 a 10, polo que sempre suman.
  • Negativas: Úsanse en aspectos valorables que se entende que deben ter un status óptimo e o seu valor vai de 0 a -10, polo que sempre restan. Por exemplo “limpeza”: o normal é que estea limpo, se está sucio empezará a puntuar negativamente.
  • Simétricas: Son puntuacións que partindo desde 0 poden tomar un valor positivo ou negativo en función da avaliación e o seu valor vai de -10 a 10. Ao introducir as puntuacións simétricas favorécese o traballo de calidade, xa que un pésimo traballo nalgún apartado non só deixará de puntuar senón que pode chegar a restar puntos.

As características para avaliar e o seu tipo de puntuación son:

  • Orixinalidade
  • Limpeza
  • Ordenación de cables
  • Worklog
  • Funcionamento de compoñentes
  • Refrixeración por aire (airflow)
  • Iluminación
  • Traballos de metacrilato/plástico
  • Refrixeración líquida custom
  • Traballos de metal
  • Cableado sleeve
  • Traballos doutros materiais
  • Innovación
  • Artesanía
  • Traballos de Impresión 3D / Fresadora CNC
  • Electrónica / Robótica
  • Traballos de pintura
  • Integración doutros elementos
  • Traballo de Vinilos
  • Terminación, integración global e estética
  • Traballo dixital

Cada participante deberá presentar un  trailer curto,  de 3 minutos máximo. Ou no caso de non saber montar un vídeo, pediranse fotos deste, tanto do worklog, como do Mod terminado. 

Exemplo:

Cada participante deberá presentar un  mini  clip cun fondo de pantalla oficial da XGN R Encounter 20  Online para comprobar que o Mod é voso.

Fondo de Pantalla    

  1. Pódese participar de maneira individual ou por equipos, pero de maneira excluínte, polo tanto os membros dun grupo participante non poderán participar de maneira individual e un grupo non poderá participar se xa está a participar un dos seus membros. En caso de participar por equipos será necesario notificar á organización os nomes dos integrantes do grupo.
  2. Contactarase cos participantes vía discord, para que presenten os seus mods.
  3. Cada participante deberá de inscribirse na intranet.
  4. En caso de dúbidas sobre a aplicación do regulamento será a organización de Hardware quen decidirá sobre a devandita aplicación.
  5. Todo incumprimento de calquera das normas significa a descualificación do participante, así como calquera trampa en canto á participación ou a autoría do traballo co que participa, dependendo da gravidade da infracción poderíanse tomar outras medidas.
  6. Poderase participar cun mod que fixese podio nalgunha edición anterior, a condición de que se lle fixesen modificacións considerables.
  7. Tódolos participantes deberán aceptar as condicións e regras da competición de MODDING, para poder participar.

twitter facebook