Preséntase un taller para todos aqueles nostálxicos e curiosos que desexan montar e programar un cartucho funcional para a archiconocida consola de Nintendo “ Super Nintendo”.
Neste taller online, os participantes rexistrados na party poderán aprender a programar un cartucho funcional de Super Nintendo (SNES)
O taller online dividirase en dúas partes. Por unha banda unha pequena charla teórica “destripando” un cartucho explicando o seu funcionamento e pezas, e doutra banda realizarase unha demostración de como programar o teu propio cartucho con contido.
Hora: Sábado, 10 de Outubro, de 18:00 - 20:00