Se crees que os anuncios e as películas gañan moito cando a dobraxe cómica fai a súa aparición, este é o teu concurso. Veste capaz de seguir o ronsel de Florentino Fernández, Carlos Latre ou José Mota? Se é así, segue lendo!
Elixe aquí entre a selección de vídeos aos que previamente lles quitamos o audio. Ti só ou coa axuda dos teus amigos deberedes poñer as voces dos protagonistas, así como simular os posibles efectos especiais ou música de fondo.
Cando teñades rematado, subide as vosas producións directamente á Intranet.
Se presentades máis dun traballo, que sexa NUN CARTAFOL COMPRIMIDO.
NOTA: Subtítulos integrados obrigatorios.
Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party, por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os traballos proxectaranse en pantalla a noite do sábado. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.