Fast Compos (2D, 3D, Music, GIF, Curtametraxe)

Na Intranet poderedes inscribirvos na actividade.

Durante a party, anunciaranse as compos e o tema polas pantallas para que os interesados accedan á intranet e poidan participar.


FASTCURTAMETRAXE

Non te equivoques, non buscamos a un novo Spielberg, só queremos que nos fagas rir.

Trátase de gravar unha curta, durante a party, cunha cámara dixital ou un teléfono móbil, cunha duración máxima de 3 minutos. Sabede que aínda que vos estendades, só se valorarán os 3 primeiros minutos da curta. Valoraremos especialmente a orixinalidade e co millón de apps para vídeo gratuítas que hai polo mundo xa non hai escusa.

Seguiremos mantendo a categoría con temática que vos será revelada en canto se active a actividade na intranet. Lembrámosvos que se a vosa produción non se axusta a ese tema, ou xa a tiñades feita de antes ou é un posible futuro premio Goya podédela enviar a á categoría de curtas.

NOTA: Subtítulos integrados obrigatorios.

MÚSICA

Dámosvos 24 h para que poidades aproveitar o silencio da noite nas vosas gravacións, o tema pode ser un ritmo, un vídeo ou quen sabe de onde virá a inspiración.

2D

Unha hora para realizar un speed  paint, o reto da folla en branco! Cun tema que aparecerá no spoiler da intranet á hora sinalada.

3D

Unha hora para modelar cun tema que aparecerá no spoiler da intranet á hora sinalada.

GIF

La escusa perfecta para os que non controlades de ningunha das categorías anteriores, pero sodes enxeñosos e tedes ideas, móbil en man buscando esa escena que pide a berros repetirse en bucle ata o infinito. Ou como trolear aos amigos e xente do escenario por que si.


Deberedes subir as vosas producións directamente á Intranet. Os traballos deberán ser orixinais e libres de royalties. Ademais, non deben participar anteriormente en ningún outro concurso.

A presentación dos traballos realizarase baixo a licenza de utilización Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs, aínda cando o autor indique unha licenza de utilización diferente ou ningunha.

Un xurado designado pola organización valorará os traballos presentados baseándose na súa técnica, orixinalidade e calidade artística e eventualmente poderán declarar deserta a competición en caso de considerar que a calidade dos traballos é insuficiente.

O fallo de xurado é inapelable.

A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.

A participación na competición leva a aceptación das súas Normas.

Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na partypor se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os traballos proxectaranse en pantalla as noites do venres e do sábadoA Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.

Fast 2D gañador no XGN R Encounter 19                       Fast 3D gañador no XGN R Encounter 19
Tema animal: Perezoso - Autor: 'Daiset'                     Tema espacial - Autor: 'Zambuseta'

twitter facebook