Entrega dos traballos: Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente.
O gráfico será modelado integramente no noso computador, sen material nin modelos externos, usando software para tal fin (Blender, ZBrush, K - 3D, Art Of Illusion...) e con axuda de dispositivos como ratos, lapis ópticos e tabletas dixitalizadoras.
A produción pode realizarse durante os últimos anos ou a última hora na propia party, o tempo que cada participante investise no resultado final non será tomado en conta se non que se valorará o resultado final. Para poñer a proba a capacidade de modelado nun curto espazo de tempo, podedes animarvos a participar na competición Fast 3D.
Resolución máxima: 1280x1024.
Formatos permitidos: PNG
O autor deberá entregar as fontes da escena (.3DS, .MAX, etc.), un render da escena en malla/arame (wire) resultado da rederización (sen postproducción) Resultado final (con postproducción)
Os tres ficheiros serán mostrados tanto ao xurado como ao público.
Os pasos entregaranse xunto cun .txt nun ficheiro comprimido (ZIP), cunha breve explicación (máximo tres liñas) dos programas técnicas utilizadas.
Só se permitirá unha produción por autor.
A presentación dos traballos realizarase baixo a licenza de utilización Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs, aínda cando o autor indique unha licenza de utilización diferente ou ningunha.
Os traballos deberán ser orixinais e libres de royalties. Ademais, non deben participar anteriormente en ningún outro concurso.
Un xurado designado pola organización valorará os traballos presentados baseándose na súa técnica, orixinalidade e calidade artística e eventualmente poderán declarar deserta a competición en caso de considerar que a calidade dos traballos é insuficiente.
O fallo de xurado é inapelable.
A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.
A participación na competición leva a aceptación das súas Normas.
Gráfico 3D gañador no XGN R Encounter 19 - Autor 'Zambuseta'