Clash Royale é un videoxogo gratuíto de 2016. O xogo combina elementos dos xogos de cartas coleccionables, defender a torre e estratexia de acción en tempo real.
Tipo de competición: 1 vs 1. Eliminatoria simple.
Versión: Móbil. A última dispoñible.
Normativa específica
- As partidas xogaranse 1vs1 ao mellor de 3 partidas (BO3).
- Deberá estar subido á intranet, no apartado correspondente, o # do xogador.*
- Os mazos poden variar ao longo do torneo, mesmo cun mesmo rival. En caso de empate considerarase que esa partida non se xogou e poderanse cambiar mazos.
- Entre partida e partida non debería haber unha demora maior de dous minutos sen causa xustificada. En caso de causa xustificada, a demora nunca poderá ser maior a dez minutos.
- As perdas de conexión contarán como unha partida perdida.
- Ámbolos dous xogadores deberán poñerse en contacto antes da hora establecida para xogar a partida, a través de discord. Se pasan quince minutos da hora establecida e non houbo contacto co rival, o participante debe poñerse en contacto coa organización para proceder coa descualificación.
- En caso de mutuo acordo, a partida poderíase xogar antes da hora establecida, pero nunca despois.
- O nick do xogador no xogo debe de coincidir co indicado na intranet, e non se poderá variar durante o transcurso do torneo.
- O formato dos brackets poderá variar segundo o número de rexistrados.
- O uso excesivo de emocións/iconas no xogo non é sancionable.
- Os resultados serán enviados polo gañador a través do formulario da actividade na intranet inmediatamente despois de finalizar. Non é obrigatorio enviar captura destes, pero se é recomendable tela.
- En caso de non recibir resultados 30 minutos despois do comezo da rolda, considerarase que a partida non se xogou e ámbolos dous xogadores quedarían descualificados.
Configuración da partida
- Para poder xogar unha partida 1vs1 no torneo, os participantes deben ser amigos no xogo. A opción recomendada para iso é que un dos dous comparta ao outro unha ligazón cunha solicitude de amizade.
- Para iso arrincamos o xogo e imos á pantalla principal → Perfil do xogador → Amigos → Convidar a un amigo. Ao pulsar ese botón, ofrécense varias opcións para compartir a ligazón. O máis sinxelo sería copialo e enviarllo á outra persoa, a través de discord ou outro medio de comunicación.**
- En canto de que as dúas persoas sexan amigas, pódese crear a partida. Para iso vaise de novo á lista de amigos e búscase ao rival. Unha vez atopado púlsase nel e, de entre as opcións que se ofrecen, escóllese “Batalla amigable”.
- Se se aceptou á persoa e aínda non aparece na lista de amigos, poida que sexa necesario reiniciar o xogo.
Observaciones
- Se publicarán los grupos, si los hubiera, y el horario de juego en la intranet del evento.
- En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
- Si la organización sospecha de cualquier intento de confabulación o pacto se reserva el derecho a no entregar el premio.
- A esta normativa compleménta a normativa xeral.
*Extra: # De xogador
**Extra: Como facerse amigos