Skribbl

Skribbl.io es é un xogo gratuíto de navegador co que poderás poñer a proba as túas dotes artísticas. Tes que adiviñar o que os outros xogadores están a debuxar no menor tempo posible para gañar puntos. Cando sexa a túa quenda para debuxar na pizarra tenta ser tan preciso como poidas. Se creativo cando debuxes e dá o mellor de ti para debuxar e adiviñar e así gañar puntos!

Tipo de competición: Grupos de todos contra todos

Versión: Web. https://skribbl.io/. Recoméndase versión de computador.

Normativa específica

  • Todos os xogadores deben de estar dispoñibles en  discord cinco minutos antes da hora da partida
  • O nome escollido na partida ten que ser o mesmo que o nome da intranet.
  • Non está permitido debuxar letras ou palabras.
  • Non está permitida a axuda de terceiros.
  • Os xogadores poden ser obrigados a estar nunha canle de voz de  discord ou  teamspeak proporcionado pola organización, tanto durante a partida como nos minutos previos.
  • En caso de empate, poderase facer unha rolda de desempate, a unha hora acordada, e cun máximo de participantes, que poderán ser xogadores descualificados (estes non puntuarán).

Configuración da partida

  • A partida será creada pola organización. É importante estar dispoñible en  discord para obter a ligazón.
  • As formacións das roldas veranse na intranet.
  • A partida terá un dicionario personalizado en español.
  • Constará dun mínimo de tres roldas, nas que todos os participantes debuxarán unha quenda.

Normativa de comportamento e asistencia

  • Os participantes do grupo deberán estar dispoñibles en  discord mínimo cinco minutos antes da hora de inicio.
  • As partidas pódense xogar antes da hora indicada pola organización sempre que todos estean de acordo. Nunca se poderá empezar despois.
  • Para adiantar a hora de inicio dunha partida é obrigatorio comunicarllo á organización, pois será a encargada de crear a partida.
  • Penalización por atraso na hora de inicio:
    • 5 minutos: Eliminación da partida con 0 puntos conseguidos.
  • Non se permite a conduta antideportiva polo chat.
  • Referencias á violencia, xenofobia ou insultos, tanto no chat como en debuxo, poden ser motivo de descualificación.
  • Participar nunha partida que non corresponde pode ser sancionable.
  • En caso de desconexión, o xogador debe de tentar conectarse de novo canto antes, pero a partida non se pausará.
  • En caso de desconexión, ao volver conectarse ao xogo faise cunha puntuación de 0, polo que se recomenda a gravación da partida e/ou sacar captura de pantalla despois de cada rolda. Só se sumarán os puntos do participante en caso de ter algunha das dúas. No caso de que isto suceda, o participante debe avisar á organización de maneira inmediata ao terminar a partida.
  • As puntuacións totais da partida subiranse na intranet.

Observacións

  • En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
  • Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
  • Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
  • As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
  • A esta normativa compleménta a normativa xeral.

twitter facebook