O valorant trátase dun shooter táctico 5v5. A vosa misión é colocar ou desactivar a Spike nunha serie de roldas nas que só contaredes cunha vida en cada unha. A vitoria lévaa o primeiro equipo que gañe 13 roldas. Á parte das armas e as balas, teredes a un axente con habilidades letais, adaptables e áxiles que vos brindarán oportunidades para demostrar o voso dominio das armas.A creatividade é a arma máis poderosa.
Tipo de competición: Brackets de 5 vs 5. Eliminatoria simple Bo3.
Normativa da actividade
- Os equipos estarán compostos de 5 xogadores máis suplente.
- Todos os axentes están permitidos.
- Todos os mapas están permitidos.
- Non se permiten espectadores alleos á organización. No caso de que a organización desexe espectar, será comunicado previamente a ámbolos dous capitáns a través de discord.
- No caso de que a partida sexa streameada pola organización, todos os xogadores deben estar conectados e dispoñibles quince minutos antes do inicio. Comunicarase previamente a ámbolos dous capitáns.
- Non está permitido o uso de hacks, exploits, programas de cheats ou account sharing.
- Todos os participantes están obrigados a gravar a súa pantalla durante as partidas e conservar as gravacións ata o final do torneo. En caso de sospeita de que algún xogador estea a facer uso de hacks, exploits, programas de cheats ou similares, deberase denunciar ao mesmo á organización, que revisará tanto o vídeo do acusado como do acusador. O negarse a proporcionar o vídeo dunha partida determinada, ou non ter a gravación da mesma, implica a descualificación do equipo.
- Non está permitida a axuda de terceiros.
- Os xogadores poden ser obrigados a estar nunha canle de voz de discord ou teamspeak proporcionado pola organización, tanto durante a partida como nos minutos previos.
Configuración da partida
- Modo: Estándar
- Servidor: Madrid
- Permitir atallos: Desactivados
- Modo de torneo: Activado
- Prórroga: Vitoria por dous: Desactivado
- O equipo que estea por encima no bracket terá que crear a partida.
- O mapa será escollido da seguinte maneira:
- Primeira partida:
- Equipo do bracket de abaixo banea un mapa.
- Equipo do bracket de arriba escolle mapa dos restantes.
- Segunda partida
- Equipo do bracket de arriba banea un mapa.
- Equipo do bracket de abaixo escolle mapa dos restantes.
- Terceira partida
- O equipo que máis roldas totais que teña gañado banea mapa.
- O equipo que menos roldas totais teña gañado escolle mapa.
- En caso dun novo empate, pola suma das puntuacións de combate. En caso de novo empate, baneará mapa o equipo que viñese polo mapa de abaixo.
- O lado será escollido da seguinte maneira:
- Unha rolda só a coitelo. O equipo que non teña escollido o mapa escolle de que lado se sitúa.
- Non está permitido o uso de armas ou habilidades.
- Non está permitida a compra de escudos.
- Non está permitido plantar a spyke
- A rolda gañaraa o equipo que máis xogadores teña en pé.
- Ao terminar esta rolda, sairá da partida e o equipo gañador escollerá lado, empezando a partida de novo.
- En caso de empate, escollerá lado o equipo que non teña escollido o mapa..
- Primeira partida:
Normativa de pausas e desconexións
- Ámbolos dous equipos teñen permitida unha única pausa técnica de máximo un minuto por mapa.
- En caso de desconexión, pódense facer pausas de máximo 5 minutos totais por partida e persoa.
- As pausas só están permitidas no tempo entre roldas, nunca durante unha.
- O exceso no tempo de pausa pode ser motivo de descualificación.
- No caso de que haxa algún problema co xogo, nunca se debe abandonar a partida desde o cliente, debido a que non se pode regresar á mesma se se termina dese xeito (o propio xogo advírteo).
- No caso de que un xogador non se poida reconectar, a partida continuará cun xogador menos, non se poderá desfacer a partida en ningún caso.
- Ao terminar a mesma, en caso de ser Bo3, poderá incorporarse o substituto, que deberá estar rexistrado tamén no torneo.
Procedemento xeral do Torneo
- Os participantes entrarán á canle dentro do servidor de Discord habilitado para esta actividade onde se poderá dar información adicional ou aclarar dúbidas coa normativa.
- Os participantes deberán estar atentos a posibles cambios na intranet, que serán avisados a través de discord.
- En caso de desconexión intencionada por parte dun dos participantes, darase por perdido o enfrontamento.
Normativa da conta de Riot
- Todos os participantes deben de ter conta no servidor EUW. Só poderá usar a conta o propietario da mesma.
- Durante o transcurso do torneo non están permitidos cambios no nome da conta.
- Nomes que fagan referencia á violencia, xenofobia ou palabras insultantes poden ser tamén motivo de descualificación.
Normativa de comportamento e asistencia
- Os participantes do grupo deberán estar dispoñibles en discord mínimo dez minutos antes da hora de inicio.
- As partidas pódense xogar antes da hora indicada pola organización sempre que sexa de mutuo acordo. Nunca se poderá empezar despois.
- Penalización por atraso dun equipo na hora de inicio:
- 10 minutos: perda do primeiro mapa.
- 15 minutos: perda do partido. Se isto sucede deberá ser comunicado á organización como máximo media hora despois do comezo oficial da partida.
- Non se permite a conduta antideportiva polo chat.
- No caso de que un xogador sexa sorprendido utilizando hacks, programas de cheats ou account sharing será expulsado da XGN R encounter, e valorarase a súa expulsión no resto de eventos realizados por esta organización.
Observacións:
- Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
- Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
- En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
- A esta normativa compleménta a normativa xeral.