Counter Strike: GO 5v5

Descrición

Counter-Strike: Global Offensive (CS: GO) amplía e mellora o xogo de acción por equipos que arrasou hai 19 anos.

Tipo de competición: 5 vs 5. Formato a determinar

Versión: PC. Última versión dispoñible en Steam.

Normativa específica Counter-Strike: Global Offensive

  • Enfrentamentos a 30 roldas (xogadas ao mellor de 30): 15 como Terrorista e 15 como Anti-Terrorista por equipo.
  • Se un equipo gaña 16 roldas, o xogo terminará inmediatamente.
  • En caso de empate xogaranse 6 roldas extra ata decidir un gañador: 3 como Terrorista e 3 como  Anti-Terrorista por equipo.
  • Condición de Gañador: O equipo que consiga 2 xogos.
  • Condición de Gañador da Final: O equipo que perdese a menor cantidade de xogos posible, sendo esta cero se gaña a primeira partida o equipo do  bracket de  Winners.
  • Para escoller equipos: Xogarase unha rolda a coitelo, sendo esta a única arma permitida.
  • A organización poderase conectar ao servidor como observador ou para realizar tarefas de administración.
  • Os xogadores están obrigados a gardar a partida. O servidor tamén o fará automaticamente.
  • Entregarase a  rcon a través de privado e o servidor para usar en cada enfrontamento.
  • Comportamento (Revisable ao acabar a partida):
    • Só os capitáns de equipo poderán usar as mensaxes públicas no xogo.
    • Esta norma tamén se aplica cando estea morto.
    • Calquera uso de mensaxes públicas por outro integrante do equipo será  sancionable polo menos cun aviso.
    • Os outros integrantes do equipo teñen que usar o modo de mensaxes de equipo.
    • Se existe un problema, poderase pausar a partida para solucionalo.
    • Se non está resolto antes de 5 minutos, o capitán deberá avisar á organización para evitar sancións.
    • En caso de non avisar tras 5 minutos ou de non permitir á organización tratar de resolvelo, o equipo será descualificad.
    • Os xogadores poden instalar e utilizar calquera programa de comunicación de voz:  ventrilo,  team  speak,  mumble,...
    • A organización non se responsabiliza nin da súa instalación nin da súa configuración.
    • Os xogadores poden comunicarse verbalmente se están vivos no xogo ou cando todos deixen de estalo.
    • Os xogadores considéranse como mortos cando a súa pantalla se volve completamente negra.
    • Se unha pantalla non se volve completamente negra, considerarase morto aos 3 segundos.
    • Os xogadores non se poderán comunicar de ningún xeito con outros membros de equipo ou opoñentes ata o principio da seguinte rolda.
  • Comportamento in-game:
    • Poderase ir encima dun compañeiro de equipo ( boosting ), excepto naqueles lugares onde as texturas, muros, teitos ou firmes se volvan transparentes ou penetrables.
    • Non se poderá cambiar o  duck ao scroll do rato.
    • O C4 teñen que ser posto nun lugar visible.
    • Poderase poñer C4 usando boost.
    • Poñer C4 silencioso considérase un fallo de xogo. A súa práctica supoñerá ser sancionado.
    • Permítese lanzar granadas por encima dos edificios en todo o mapa, nunca por baixo dos edificios.
    • Se pasa algo cun bug das bengalas cegadoras, revisarase a partida e sancionarase ao infractor.
    • Calquera uso de bugs das bengalas cegadoras resultará polo menos nun aviso.
    • En caso de intencionalidade, o equipo será sancionado polo menos coa perda da rolda ata a descualificación.
    • Poderanse usar GUIs personalizadas de código aberto, que poderán ser revisadas.
    • Non se poderán usar modelos ou skins personalizados que non pertenzan ao xogo (nin skins de armas).
    • Non se permitirá o uso de texturas de mapa personalizadas.
    • Non se permite o uso de programas de cheats.
    • Non se permite o uso de bugs de mapas.
    • O uso dun Sky Box será sancionado coa descualificación do equipo.
    • Non se poderá facer fireboosting.
    • Non se poderá facer mapswinmming o floating.
    • Non se poderá empregar o pixelwalking.
    • Non se poderán empregar os gráficos de 16 bits.
    • Non se permite o uso de certos scripts (Jumpthrow, recoil, AWP, Center or turn view, lag, ...)
    • A organización poderá revisar as prácticas deshonestas ou o uso destes scripts.
    • Se a organización considera que terceiros dan vantaxe a un xogador, o equipo será sancionado polo menos cun aviso.
  • Desconexións durante unha partida:
    • Se ningún participante pode xogar debido a accidentes desintencionados ou de visibilidade do servidor.
    • Antes de comezar a terceira rolda desde o último restart, empézase de novo o xogo nese último restart.
    • Despois de que comece a terceira rolda, o xogador desconectado deberá entrar no servidor. A rolda continúase sen pausa. Se o xogador non se pode conectar ao servidor, o resto de xogadores esperarán no tempo entre roldas ata que o xogador  reconecte. Neste momento continúase o xogo normalmente.
    • Se ata 3 participantes desconectan desintencionadamente, descártase a puntuación da rolda. A rolda párase no tempo entre roldas e os xogadores esperarán ata que reconecten os participantes. Cando todos conectaron, continúase o xogo.
    • En caso de desconexión intencionada, a organización sancionará ao equipo.
    • Tan só o capitán ou o manager de equipo poden protestar ou alegar cousas á organización.
    • Se un participante non está de acordo con algunha norma, pode comentarllo a un organizador antes da partida.
    • En caso de non querer conectar co servidor, sancionarase ao equipo coa descualificación.
    • Se un organizador decide volver comezar a partida, o equipo que non acate a súa decisión será descualificado.
    • Todos os xogadores han de estar no Discord ccunha antelación mínima de 10 minutos respecto ao horario oficial de xogo.
    • No caso de que falte algún xogador no momento de iniciarse a partida, esperaranse cinco minutos antes de nomear gañador ao adversario.
  • Configuración da partida Counter-Strike: Global Offensive
  • Tempo por Rolda: 1 minuto 45 segundos
  • Diñeiro ao comezar a rolda: 800
  • Diñeiro Extra ao  recomenzar a rolda: 10.000
  • Mapas Oficiais: cache, nuke, inferno, train, mirage, overpass y dust2
  • Usarase o método de Veto de Mapa para seleccionar os mapas a xogar.
  • Lanzarase unha moeda para escoller quen empeza vetando o primeiro mapa.
  • Están permitidos todos os comandos de lanzamento/xogo que veñan incluídos, salvo:
    • mat_hdr_enabled
    • +mat_hdr_enabled 0/1
    • -mat_hdr_level 0/1/2
    • cl_showpos 1
    • cl_showfps 1
    • net_graph 0/1
  • Calquera comando atopado nas opcións de lanzamento non aprobado por un organizador, será sancionado polo menos cun aviso.
  • Configuracións de Vídeo Permitidas:
    • Brightness - Calquera.
    • Digital Vibrance - Calquera.
    • Contrast - Calquera.
    • Image Sharpening - Ningunha.
    • Gamma - Calquera.
    • Ajustes 3D - Calquera.
    • Escala de juego - Calquera.
    • HZ USB - Calquera.
    • Color Depth Distinto a 16 bits.
  • Calquera xogador que non estea nestes límites será sancionado polo menos cun aviso.
  • Calquera outro parámetro da configuración da tarxeta gráfica poderá ser cambiado sempre que non supoña unha vantaxe.
  • Opcións Aceptadas:
    • Axustar punteiro ( Adjust_crosshair )
    • Zurdos ( Left Hand )
  • Usaranse os skins por defecto.
  • O emprego de calquera fallo de mapa ou xogo (bugs ou cheats) erá  sancionable polo menos cun aviso ou perderá a partida en favor do adversario despois da deliberación dos organizadores.
  • O factor gamma poderá ser cambiado no controlador da gráfica.
  • Valores permitidos no Cliente:
    • net_graph 0
    • cl_showpos 0
    • cl_showfps 0
  • Valores por defecto que non poden ser cambiados:
    • cl_winddir
    • cl_windspeed
    • cl_removedecals
    • cl_fastdetailsprites
    • cl_interp

Normativa de comportamento e asistencia

  • Os participantes do grupo deberán estar no chat antes da hora de inicio.
  • Esperarase un máximo de 5 minutos.
  • Queda prohibida la detención de una partida sin justificación previa.
  • Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas, glitches e/ou  hacks que faciliten axudas.
  • Non se permite o coaching durante as partidas.
  • Non se permite a conduta antideportiva presencial ou por chat.

Observacións

  • Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
  • Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
  • Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
  • As normas expostas anteriormente serven de referencia pero poden ser actualizadas por un organizador en calquera momento para reflectir cambios de última hora ou aclaracións/modificacións segundo se requira.
  • En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
  • A esta normativa compleménta a normativa xeral.

twitter facebook