Un xogo de acción deportiva futurista. Rocket League, equipa aos xogadores con coches cargados de nitro que chocarán con balóns xigantes facendo dos partidos de fútbol algo épico.
Tipo de competición: Brackets simples 3 vs 3. Eliminatoria simple.
Versión: PC
Normativa específica
- Eliminatoria directa.
- Disputarase un só partido por emparellamento (BO3).
- Os equipos deberán estar formados por 3 persoas. Deberá crear a partida aquel que vaia pola parte superior do cadro.
- Serán os propios xogadores os encargados de poñerse en contacto cos seus rivais. No caso de que un xogador non se presente, deberase informar á organización para que poida tomar as medidas axeitadas.
- Unha vez terminada a rolda, o gañador deberá subir os resultados á intranet.
- Recoméndase gardar unha captura da pantalla cos resultados finais, aínda que non é obrigatorio.
- Se unha vez terminado o horario da rolda, non existen eses resultados, aqueles que non os presentaron, quedarán automaticamente eliminados.
Configuración da partida
- Default Arena: DFH Stadium*
- Tamaño de equipo: 3vs3
- Dificultade de Bots: Sen Bots.
- Mutators: ningún
- Tempo de partida: 5 minutos
*No caso de que ámbolos dous equipos estean de acordo poderase xogar nunha area distinta, a condición de que sexa de tipo Standard (chan plano, sen obstáculos e porterías empotradas).
Normativa de comportamento e asistencia
- Os participantes do grupo deberán estar no chat antes da hora de inicio.
- Esperarase un máximo de 5 minutos.
- Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa.
- Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas, glitches e/ou hacks que faciliten axudas.
- Non se permite o coaching durante as partidas.
- Non se permite a conduta antideportiva polo chat.
Observacións:
- Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
- Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
- Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
- En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
- A esta normativa compleménta a normativa xeral.